profesionsdixitais.org - Unha Xornada, Un Mes

Example domain paragraphs

A CAMPAÑA 1 MES 1 PROFESIÓN DIXITAL FACILITA O ACHEGAMENTO A ESTE NOVO ESCENARIO LABORAL E FACILITA A DECISIÓN DE CARA ONDE ENFOCAR O FUTURO PROFESIONAL

A campaña 1 mes 1 profesión dixital, promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), nace co obxectivo de crear conciencia por parte da mocidade, universitarios/as, profesionais TIC e da cidadanía en xeral da necesidade de adquirir novas competencias e habilidades dixitais.

A través desta iniciativa, ao longo de 2015 desenvolveranse unha serie de xornadas divulgativas, nas que teremos exemplos de empresas e profesionais que amosarán como cada vez máis se están a demandar estas competencias e coñecementos dixitais, e como o emprendemento dixital, vinculado ao mundo da Internet e das redes sociais, fai que continuamente xurdan negocios dixitais que ata hai moi pouco non existían.