peisdhos.com - Peis d'hos | Miguel Sotelo

Example domain paragraphs

Peis d’hos é a forma que adopta no Morrazo a expresión peixe de hoxe , en alusión ao peixe do día capturado en baixura con aparello ou outras artes de pesca similares. A finais do ano 2013 nace en Cangas unha asociación cultural con esta denominación para dar cobertura a unha escola de música e baile tradicional galego. Forman parte dela os grupos Trébede, Lina e Lola, As Mosas do Hío e O Viveiro de Peis d’hos.

O fin principal desta asociación é formar neste eido aos veciños desta comarca mariñeira. Esta ensinanza parte da investigación, análise e estudo dos traballos de campo levados a cabo por toda a xeografía galega. Outro dos obxectivos arredor dos que traballa esta asociación é converter a música e o baile tradicional e a súa práctica en algo cotián, nunha actividade habitual, nun xeito de divertimento para a sociedade como foi nalgún tempo (pero enmarcado no contexto actual) e, sobre todo, sen que sexa visto

¿Por que peis d’hos ? Por un lado podemos interpretar que fai referencia aos rapaces novos que teñen cabida nesta escola e, polo tanto, nesta asociación; ou non tan novos en idade pero si formados na actualidade, polo que se poden considerar debutantes neste ámbito. Por outra banda, tamén podería referirse aos mestres que lideran e dirixen este proxecto, rapaces novos con dilatada experiencia no mundo da música e o baile tradicional pero que ata o de agora nunca se embarcaran sós nun proxecto destas caracte