hortadalousa.org - Horta da Lousa

Description: Horta da Lousa é unha empresa familiar que combina unha gandeiría con certificación de 'Tenreira Galega Suprema de Loura Galega' cunha horta tradicional que ofrece produtos de kilómetro 0 frescos, sans e de calidade. Degustar unha carne de vacas que viviron sen estrés nun entorno natural envexable e desfrutar unha leituga recén recollida, con tódalas súas propiedades, é posible. ¡Desfrútao!

Example domain paragraphs

Horta da Lousa é unha empresa familiar que combina un viveiro con certificación ecolóxica, cunha horta kilómetro 0 de produtos frescos, saudables e de calidade e unha gandeiría de Ternera Gallega Suprema. Dispoñemos da última tecnoloxía para garantir en cada momento que todo medra nas mellores condicións. Porque só hai un segredo para obter alimentos coma os de antes: cultivar coma antes. Redescubrir sabores que se tiñan no olvido é posible. Desfrútao!

Traballando en contacto e en armonía coa natureza.

Promovemos variedades autóctonas como o Tomate Negro de Santiago, Repolo do País e a Cebola de Betanzos. Tamén producimos variedades propias que pasaron por varias xeracións e que agora seguimos a reproducir e a seleccionar. Aportamos o noso pequeno gran para a recuperación de especies e o fomento da biodiversidade.