eidosfest.com - Eidosfest

Example domain paragraphs

O Festival dos Eidos lembra un libro aberto e comunal e celebra os seus “lugares íntimos, os máis convividos, dos que se ten longa experiencia, hábito de longa presencia, os que un leva estampados dentro”, como os definía Novoneyra.

A horta, o curral, a fonte, a aira, o souto, a escola… todos os espazos que cinguen a casa natal do poeta na aldea de Parada do Courel, tórnanse escenarios dunha cita que reivindica a paixón polo canto e a palabra poética expandida, salvaxe, escénica e en diálogo con outras artes.

En cada edición, un espazo especial para as artistas da propia serra. Cada vrao, a presenza dos vellos amigos, e dos novos. Que se Galicia está chea de “tolos dos Eidos”, como dicía Uxío, o festival xa ten tamén as súas presenzas certas.

Links to eidosfest.com (1)