Description: O centro de investigacións CINBIO é un espazo formado por máis de 200 persoas: profesores/as, doutores/as, estudantes de doutoramento e técnicos/as de laboratorio. Unha aposta da Universidade de Vigo para desenvolver o ámbito biomédico e biotecnolóxico cun elemento diferencial respecto doutros centros de similares cara cterísticas: a súa multidisciplinariedade. Contamos con investigadores e investigadoras do máis alto nivel en varias disciplinas: medicina, bioloxía, química, física, matemáticas e informátic
synthesis (146) epigenetics (97) computational (97) organic chemistry (71) carotenoids (57) sirtuins (2) retinoic (1) arotinoids (1) nanoreactors (1) nanofunction (1)
As liñas fundamentais de investigación do CINBIO: medicina molecular, nutrición e benestar, nanomateriais e informática para a saúde e bioestatística. Os nosos investigadores e investigadoras únense arredor de catorce grupos de investigación.
Somos máis de 200 persoas relacionadas coa investigación, entre elas: profesorado, persoal médico, estudantado de doutoramento e técnicos e técnicas de laboratorio. Traballamos desde 2008 con hospitais, gobernos rexionais e locais e industrias relacionadas.
Centro de Investigación da Univesidade de Vigo, sitúase no campus de Vigo e conta con instalacións bioexperimentais únicas na comunidade autónoma de Galicia como o BSL3 ou o Servizo de Bioexperimentación.