alvarella.com - Albergue de Ecoturismo Alvarella | Vilarmaior | A Coruña

Description: 648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63 | Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA. Estamos próximos ao Parque Natural das Fragas do Eume

Example domain paragraphs

Estamos próximos ao  Parque Natural das Fragas do Eume , unha das paraxes naturais mais interesantes do norte galego e tamén moi perto de cidades de grande interese cultural e urbanístico como  Ferrol  (20 km),  Betanzos  (15 km),  Pontedeume  (5 km) e  A Coruña  (25 km), coas praias de  Miño, Perbes  e  Cabanas  a 10 minutos das nosas instalacións.

O albergue ubícase nunha finca de 50.000 metros cuadrados. Consta dun edificio concebido para un turismo de grupos, con  12 habitacións de 2-5 prazas , dúas delas adaptadas para discapacitados, con baño e calefacción.

Sitúase a medio camiño entre o bosque e a paisaxe do val, erguido sobre un socalco, e oculto baixo as árbores, xogando a ser unha escondite e un observatorio da natureza. O albergue non é só un aloxamento, é tamén un centro de aprendizaxe e de iniciación á cultura medioambiental, incorpora  solucións constructivas bioclimáticas e ecolóxicas , con aproveitamento da enerxía solar.

Links to alvarella.com (1)