alendosolpor.gal - Beyond the Sunset - GALICIA

Description: Sunset. The Costa da Morte provides us with an unbeatable scenic and cultural wealth, where nature, artistic heritage and legends walk hand in hand with the king of all planets on every step of the journey. Alén do solpor is a tourism promotion project that proposes a re-interpretation of the destination of the Costa da Morte, coordinating all the resources that link this territory to the sun’s historical and cultural legacy.

sunset (540)

Example domain paragraphs

A Costa da Morte ofrécenos unha incomparable riqueza paisaxística e cultural, onde a natureza, o patrimonio artístico e as lendas danse a man co astro rei a cada paso do camiño. Alén do solpor é un proxecto de promoción turística que propón unha nova interpretación do destino Costa da Morte, artellando nela todos os recursos que vencellan ese territorio co legado histórico-cultural do sol.

Se o lector visita esta Web e www. turismo.gal poderá comprobar a riqueza e o atractivo que ofrecen os dezasete concellos desta costa singular. Praias, cantís, montes, mesmo o clima, a flora e a fauna características conforman unha xeografía virxe e primixenia. As actividades sociais, antropoloxía, costumes, folclore, gastronomía, festas, romarías, e o idioma que por aquí se fai doce e seseante… constitúen expresións moldeadas polo tempo e derivadas en última instancia da adaptación humana á propia natureza

Un patrimonio histórico e artístico nacido na prehistoria co megalitismo, os petróglifos e os castros, que se fai impoñente na arquitectura medieval coas edificacións relixiosas e civís como os castelos e pazos. Non debemos tampouco esquecer as obras erixidas pola devoción popular como os cruceiros e os petos de ánimas ou mesmo a arte de vangarda, os museos e centros de interpretación ou os faros. A modernización do sector turístico permite ofrecer, na actualidade, unha ampla rede de aloxamentos e restauran

Links to alendosolpor.gal (7)