etradvigo.org - Música patrimonial galega | Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional

Description: ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.

Example domain paragraphs

O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha no 2009 a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección, ensino e difusión da música patrimonial galega, na procura da súa evolución e mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.

Dende esta óptica, a ETRAD é unha plataforma educativa de carácter municipal que ten por obxectivos tanto o acceso universal á música por parte da cidadanía, sexa cal sexa o nivel de coñecementos do que parte, ata unha formación musical orientada a saídas profesionais no ámbito escénico e educativo.

Dirixida polo recoñecido músico Rodrigo Romaní, a escola recolle o coñecemento e a experiencia acumulados polo Conservatorio de Música Tradicional de Vigo, o primeiro destas características creado en Galicia e vixente dende 1996 ata 2007. Os últimos anos baixo o nome de Departamento de Música Tradicional da Escola Municipal de Artes do Concello de Vigo.

Links to etradvigo.org (1)