entretoxosecarrachos.blogspot.com.es - Entre toxos e carrachos

Example domain paragraphs

A ruta que, nun principio tiña pensado facer, era o sendeiro local de Coruxo pero nesta data o sendeiro ten algúns tramos sen sinalizar non sei se porque os fentos, os toxos e as xestas creceron tanto que non deixan ver algúns sinais ou simplemente desapareceron, polo que o sendeiro necesita un mantemento.

Comenzamos a ruta no torreiro de festas de Fragoselo (Coruxo) a carón da ermida de San Sebastián e imos seguir as sinalizacións do sendeiro local de Coruxo. E comenzamos dirixíndonos a un dos petróglifos mais importantes de Vigo, o petróglifo da Pedra Moura. Deste petróglifo xa se tiña coñecemento a finais do século XIX. É unha rocha duns 10, 5 metros de longo por 4,70 m de ancho, e iso que foi cortada para cantería co que poido chegar a ter uns 14-15 metros de longo. na súa superficie podemos ollar círculo

Eu non atopei moura ningunha, o que si atopei é o lugar bastante descoidado. En primeiro lugar non hai ningún cartel indicativo do petroglifo, o mais cercano é o da foto darriba e está a 300 metros do petroglifo. A pé do petróglifo non hai ningún cartel. Está rodeado dun muro para protexelo e tamén dunha valla pero non sei se está tirada ou que está tapada pola maleza. De todos modos, na miña opinión non é o mellor xeito de protexelo, debería haber unha pasarela ao redor para poder contemplalo ben, xa que o

Links to entretoxosecarrachos.blogspot.com.es (1)