contosdaribeirasacra.blogspot.com.es - Contos da Ribeira Sacra

Example domain paragraphs

En Parada de Sil, o lugar con máis encantos de Galicia, no canón do miradoiro dos Balcóns de Madrid, a deusa Xuño permaneceu metamorfoseada nunha pena antropomorfa rodeada dun xardín de bonsais que aínda hoxe medran preguiceiros en estado natural: moreiras, arandeiras, acivros, érbedos, sobreiras, castiñeiros, carballos diminutos...; uces, piornos, toxos, xestas, xara e caraveis...; carqueixas, lavandas, ouregos... até que se arrepentiu, volvendo ao carón de Xúpiter, o cal, agradecido, tivo a ben que en adi

                Mais pasadas dúas lúas de mel, as augas volvéronse bravías: Xúpiter andaba metendo o seu cichón, inquedo, nos tobos das criaturas da contorna, valéndose do seu don mimético, deixando as medorras, fervenzas, canellas e penedos da ribeira do Sil repoboados de seres raros, cativos ou híbridos: nubeiros, sacaúntos, píntigas, encantos, alicornos, lobishomes, bruxas chuchonas, fadas, demos, trasnos, aves noiteiras, biosbardos, avelaíñas, mouras, lavandeiras da noite, ninfas feiticeiras e mais outr

      Carrexar as olas do sulfato era unha xeira dabondo penosa (un traballo 'fodido', diciamos nós), pois había que peitar coas olas cheas, subindo e baixando as paredes dos 'pataos' por esta banda, (en galego pulido: socalcos de sub calce , erguer as muras calzando as pedras unhas encima das outras)). 

Links to contosdaribeirasacra.blogspot.com.es (1)